Asociación educativo cultural Qu Yuan para a promoción da lingua e a cultura chinesa (ACEQU)

ACEQU naceu como asociación polo interese dunhas cantas familias de nenas adoptadas en China por facer partícipes as nosas fillas e fillos da súa cultura e lingua de orixe, como un claro compromiso de enriquecemento persoal.  Foi tomando forma ata chegar a este proxecto que agora temos entre mans e que ten como obxectivo fundamental facilitar o coñecemento da lingua chinesa ás nenas e nenos da nosa asociación e a todas e todos aqueles que estean interesados.

Non podemos esquecer, porén, a importancia que ten China no mundo: berce dunha das civilizacións máis importantes do planeta, é hoxe en día unha potencia económica e sociopolítica en expansión, o que nos leva a pensar no intercambio de coñecementos e experiencias entre os nosos pobos.

E porque, finalmente, estamos convencidos de que o intercambio de culturas e saberes é a única forma de comprender o mundo.

EQUIPO DIRECTIVO
PRESIDENTA: Milagros Sánchez Quijano
SECRETARIA: María Jesús Fernández Díaz
TESOUREIRO: Juan Fernández Albores
VOGAL 1º: Rosario Porto Ortega
VOGAL 2º: Jesús Aboal Viñas
NÚMERO DE REXISTRO DA ASOCIACIÓN: 2008/011959-1(SC)